Páginas

martes, 31 de xaneiro de 2017

Este trimestre no grupo 2 estamos a traballar un pequeno proxecto sobre o conto infantil COCORICO. 
O primeiro de todo facer o conto accesible a todo o alumnado, polo que nos apoiamos na lingua de señas e no SPC como Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación. 
Pouco a pouco subiremos as distintas actividades realizadas na aula. 
Deixamos aquí o conto en lingua de señas. 
Damos as grazas ao mestre  Óscar por axudarnos con esta actividade. 


Visita a biblioteca Ánxel Casal

O pasado día 12 de xaneiro, os alumnos de talleres fixemos unha visita á biblioteca Ánxel Casal.
Explicáronnos como funciona o préstamo interbibliotecario, como facerse usuario e os servizos da mesma.
Estar en contacto coa biblioteca foi unha lección práctica para todos e un motivo máis para animarnos a ler.

Ánxel Casal from Beatriz on Vimeo.

FESTIVAL NADAL 2016

O día 21 de Decembro celebramos como todos os anos o festival de Nadal, foi moi animado e participativo, aquí podedes ver unha mostra.