martes, 24 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA

Ante o estado de alarma que nos toca vivir, dende o centro propoñemos unha serie de actividades a desenvolver na casa, dentro da aula virtual . Están distribuidas por áreas para que poidades elixir e rapartir o tempo, adicáncolle un tempo fixo  a cada área establecendo unha rutina de traballo diario.

Lembrade tamén que dende o luns 23 de marzo ponse en marcha Aprendemos en casa, a iniciativa do Ministerio de Educación e FP e RTVE dirixida a estudantes entre 6 e 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante o tempo que duren as medidas de illamento. Cada día pola mañá de luns a venres emitiranse cinco horas de contidos educativos en aberto a través de Clan TV  e La 2, horario de emisión.

mércores, 4 de marzo de 2020

PRIMEIRO PREMIO PARA O ALUMNADO DE FORMACIÓN BÁSICA NO DESEÑO DO CARTEL DO DÍA 8 DE MARZO

Hoxe o alumnado de Formación Básica recolleu o primeiro premio na categoría de 5° e 6°  de Primaria e de 1° e 2° de ESO, polo deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, co cartel tilulado O cambio comeza por nós.


luns, 25 de novembro de 2019

"CONTRA A VIOLENCIA, EDUCACIÓN"


A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional e na que diversos centros escolares representaron proxectos realizados para a ocasión dentro dun certame organizado polo Concello.

venres, 8 de novembro de 2019

COMEZAN OS OBRADOIROS NO NAVALON

Na xornada de hoxe danse por innagurados os obradoiros do curso 2019-20 no Navalón, coa vistita do CEIP de ROXOS.