domingo, 28 de maio de 2017

CLUBE DE LECTURA. Grupo 5

Estamos remantando o curso e tamén con este o clube de lectura creado no grupo 5 chamado polo alumnado Glu-glú , igual que a noso peixe que temos na aula.
Así que quixemos elaborar unhas mochilas cun logotipo que reflexara a ilusión, animación á lectura, traballo en equipo e contos lidos no noso clube.
De xeito que decidimos empregar a aplicación Shapego e creamos a seguinte imaxe a cal vamos a plasmar nunha mochila propia do noso clube.
Desexarvos a miña noraboa rapaces , foi un curso onde a pintura rima con lectura.

O MAIO


sábado, 27 de maio de 2017

EXPOSICIÓN DE CARLOS CASARES NO CENTRO


DÍA DO DEPORTE


REGUEIFAS DO NAVALÓN. LETRAS GALEGAS 2017

O Departamento de Lingua Galega de Santiago de Compostela convocou durante o mes de abril un certame de regueifas en video para contribuir ao coñecemento desta  forma de improvidación oral, incentivar a súa práctica e colaborar á creación de espazos nos que a lingua galega sexa canle de expresión, comunicación, participación e divertimento.

O noso participou neste iniciativa, gañando o premio a regueifa máis diversa, de seguido podedes ver os videos.



domingo, 14 de maio de 2017

VERSOS DE PRIMAVERA


Co gallo da entrada da PRIMAVERA, dende o Equipo de Dinamización Lingüística decidiuse elaborar un mural e enchelo de VERSOS AMOROSOS, DINÁMICOS e DIVERTIDOS. O alumnado do GRUPO 4  de Formación Básica quixo contribuír con esta acción primaveral e fixemos un acróstico coa palabra PRIMAVERA, debuxamos unha bolboreta e a completamos cun verso... e como non, nos atrevemos a inventar poesías a mar de simpáticas. A continuación, convidámosvos a lelas e desfrutar un anaco co noso traballo. Benvida Primavera!!!!



Partido de fútbol: profesorado vs alumnado


No CEE Manuel López Navalón contamos cuns deportistas marabillosos e unha afición de luxo, en consecuencia: formamos un equipo extraordinario. Aquí podedes ver as imaxes do partido de fútbol celebrado entre o profesorado e o alumnado onde o pasamos en grande. 
Un saúdo!


ANIVERSARIO DE CARMEN AMELIA


A nosa compañeira Carmen Amelia cumpriu 14 anos e cos seus amigos e amigas de Formación Básica fixemos unha festa para celebralo. Felicidades, Carmen Amelia!



O Xardín do Navalón

Coa chegada da primavera todo o noso alumnado se vió reflectido nunha flor, creando un fermoso xardín: o xardín do Navalón.



A cociñar!

Encántanos a repostería, por iso o Grupo 3 puxémonos mans á masa para facer galletas amorosas. Ummm que ricas!
Gracias pola axuda ás rapazas en prácticas, Lara e Vanesa, así como a Maite e Pancho pola súa axuda co forno e a decoración final.
Bo proveito!



sábado, 13 de maio de 2017

LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VIOLÍN TROMPETA

Pois é que non paramos!!!! Estamos cheos de actividades que nos fan as xornadas moito más divertidas. O martes 25 de abril, os alumnos e alumnas de Formación Básica saímos cara o Auditorio Abanca (no Preguntoiro) para deleitarnos coa actuación do dúo Fetén Fetén e a súa "Maravillosa historia del Violín Trompeta"... Fixéronnos un percorrido polas diferentes culturas, ritmos e sons da música popular europea do s. XX.  Pasámolo pipa!!!



Fotos de Navalón e Mónica Patxot.

mércores, 10 de maio de 2017

DÍA DA NAI

Nas sesións que adicamos a facer manualidades houbo dúas delas que fixemos algúns agasallos para as nais. E velaquí unha mostra das ideas e do resultado.





XIÁN CUMPLE 15 ANOS


Hoxe foi un día especial no centro, xa que o noso Xián cumple 15 anos!!! Que contentos que estivemos e como disfrutamos da celebración.
FELICIDADES XIÁN!!!


domingo, 7 de maio de 2017

ACTIVIDADE AWASAN

O pasado venres os alumnos, mestres e coidadoras fomos a piscina....pasámolo xenial...como disfrutamos con esta actividade!!