mércores, 26 de outubro de 2016

Canción Samaín en LSE



A Lingua de Signos (LSE) está presente na nosa vida e no noso centro, por iso queremos amosar esta canción interpretada en LSE (atopada no canal de Aranzazu Casas en Youtube) para o disfrute e aprendizaxe de toda a comunidade educativa. Esperamos sexa do voso agrado!



O día está chegando...e mentres nos preparamos...escoitamos música do Samaín en galego...!!

luns, 24 de outubro de 2016

SAMAÍN

CHEGA O SAMAÍN!!!

O venres 28 celebramos o Samaín...polo que xa comezamos a semana ambientando o centro e traballando sobre o tema.
Hoxe empezamos o día levando a cabo un taller de cociña, no cal participaron os alumnos do grupo 2  e 5....e preguntarédesvos que fixemos...pois ¡¡¡GALLETAS TERRORÍFICAS!!!
Comezamos preparando a receta e estudiando os ingredientes e as cantidades que precisamos...feito esto...alá nos fomos ao taller dos compañeiros de Restauración e Servizos para facer as galletas.
Tamén nos visitaron os alumnos/as do taller de Cerámica para ver como traballábamos.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo de dita actividade no cal os nenos disfrutaron moitísimo e descubrimos o ben que cociñan e o moito que lles gusta estar coas mans na masa...



domingo, 23 de outubro de 2016

INVITACIÓN ANIVERSARIO MATEO

o día 26 de outubro Mateo da aula 5 fai 15 anos, por este motivo elaboramos na aula unha invitación orixinal, divertida e dixital. Desta maneira presentamos ao alumnado e mestres a visualízala na pizarra dixital da aula e así convidalos ao aniversario de Mateo dunha forma diferente e colaborativa.
Agora e a visa quenda de ollala!!!

PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO

Inauguramos as saídas do noso centro este curso, esta vez fomos o teatro principal camiñando e pasando pola praza do obradoiro. E logo  pudemos disfrutar da obra de Don Quixote.

venres, 14 de outubro de 2016

xoves, 13 de outubro de 2016

PROXECTO COÑECENDO O MAR



ESTE CURSO 20016/2017 ACORDAMOS COMO CLAUSTRO TRABALLAR DE MANEIRA GLOBALIZADA NO CENTRO A APRENDIZAXE POR PROXECTOS ONDE ESTÁ INVOLUCRADA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. DE AHI QUE ESTE CURSO O PROXECTO BASEARASE NO COÑECEMENTO DO MAR E TODO O QUE ENGLOBA ESTE TEMA. DE SEGUIDO PRESENTOVOS UNHA MOSTRA DO COMEZO DESTE TRABALLO, NO CAL FAREMOS REFERENCIA EN DIVERSAS ENTRADAS NO BLOGUE O  CON TAREFAS QUE IREMOS REALIZANDO AO LONGO DO CURSO. PRIMEIRO CONTEXTUALIZAMOS  O CENTRO.

mércores, 5 de outubro de 2016

¡¡BENVIDOS!!

Co inicio do novo curso escolar 2016-2017 queremos dar  a coñecer a toda a Comunidade Educativa do CEE Manuel López Navalón o novo blogue do centro,  donde o persoal docente poderá informar e dar a coñecer as distintas tarefas que se realizan  así como dos múltiples eventos ou efemérides que se celebren. 
Damos por inaugurado entón o novo blogue do centro: OLLADAS NO NAVALÓN.