domingo, 29 de outubro de 2017

GALLETIÑAS MONTRUOSAS POLO SAMAÍN

Os rapaces e rapaces dos GRUPOS 1 e 2 de Formación Básica pasamos unha xornada entre fogóns... Como estamos mergullados no Samaín decidimos elaborar unhas riquísimas e terroríficas galletas de manteiga. O resultado: EXQUISITO!!! Convidámosvos a que as saboreedes vendo este vídeo... Umm!!

xoves, 19 de outubro de 2017

BENVIDO OUTONO!!!! GRUPO 2

Pois aquí estamos un ano máis. Felices, ledos e cheos de ilusión con este inicio de curso que estamos segurísimos VAI PROMETER MOITO. Desfrutade deste vídeo co que quixemos sentir a chegada do OUTONO.


domingo, 15 de outubro de 2017

"A casa do avó" no Teatro Principal

Xa chegou o día!!!! Que ganiñas tiñamos todos... Por fin, imos ao Teatro.
O alumnado de Formación Básica iniciamos este curso 2017-2018 cunha entrañable historia da man da Compañía TANXARINA TITERES. Con ela aprendemos a axudarnos uns aos outros e a resolver problemas pola vía pacífica. Foi divertidísimo!!!!