Amosando publicacións coa etiqueta AULA 1 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AULA 1 b>. Amosar todas as publicacións
venres, 21 de xuño de 2019
luns, 11 de marzo de 2019
xoves, 28 de febreiro de 2019
sábado, 23 de febreiro de 2019
COMEZAMOS CO ENTROIDO
Comezamos co entroido no Navalón e neste curso damos a benvida a Atilana “o noso meco” onde termos que cumprir os seus mandatos toda a semana.
Este curso o noso cole recibe con ilusión catro mandatos de Atilana “o meco” para cumprir sin discusión. E como estamos cos xogos tradicionais:
O luns se á corda ben queres saltar, algo na cabeza debes levar.
O martes se á billarda ben queres xogar, a cara tes que pintar .
O mércores se o peón ben querer tirar ,os zapatos distintos en cada pé porás.
O xoves se os bolos queres acertar, unha bata de casa ou pijama debes levar.
Para facer o Meco contamos coa colaboración do alumnado do centro .

O venres celebraremos o entroido disfrazándonos , e para non darlle a cabeza, adiantamos información:
O grupo 1 e 2: vacas 🐮
O grupo 3: Rás 🐸
O grupo 4,5 e 6: 🎸 Rockeiros
Non te perdas a vindeira publicación no blogue do entroido 2019.
domingo, 11 de novembro de 2018
martes, 30 de outubro de 2018
mércores, 26 de setembro de 2018
luns, 24 de setembro de 2018
sábado, 14 de xullo de 2018
AO RICO CHURRASCO
Rematamos o curso 2017-2018 cun montón de actividades. Unha das máis exitosas foi a CHURRASCADA que con tanto cariño organizaron tanto mestres como persoal laboral... TODOS SOMOS UN!!! Pasámolo pipa!!! Xogamos, bailamos e comemos a esgalla...
Neste vídeo enseñámosvos unha mostra desta fantástica festa. Bo proveito!!
Neste vídeo enseñámosvos unha mostra desta fantástica festa. Bo proveito!!
mércores, 13 de xuño de 2018
mércores, 23 de maio de 2018
I XORNADA POLA DIVERSIDADE
O pasado 15 de maio participamos na I XORNADA POLA DIVERSIDADE organizada polo Departamento de E.F. do CPI Antonio Orza Couto (O Forte-Boqueixón).
Alí, ademais de formar parte da mesa redonda con diferentes asociacións de recoñecido prestixio contribuíndo coas nosas experiencias, participamos no CIRCUITO DEPORTIVO que prepararon con tanto cariño tanto profes como alumnos/as do CPI. Pasámolo requeteben, coñecemos a un montón de xente e compartimos unha vivencia que dende logo, TENSE QUE REPETIR.
A continuación, unha mostra do ben que o pasamos!!! Mil gracias!!!
venres, 4 de maio de 2018
luns, 16 de abril de 2018
VISITA AO CIRCUITO DA POLICIA LOCAL
A semana pasada fomos convidados pola Policía Local de Santiago ao recinto ferial de Amio, onde o noso alumnado desfrutou dunha Xornada Vial "motorizada". Si, si... motorizada!! Os rapaces e rapaces armáronse de cascos e bicis e completaron un circuito a mar de realista. Tamén montamos en karts e patinetes... Pasámolo de marabilla!!! Ollade este vídeo!!!
Etiquetas:
AULA 1,
AULA 2,
AULA 3,
AULA 4,
AULA 5,
EQUIPO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES,
PROGRAMAS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
martes, 20 de marzo de 2018
AS GAFAS DO AVÓ. FESTIVAL ATLÁNTICA 2018
SEN PALABRAS... verdadeiramente así nos quedamos tod@s: ABRAIADOS!!! Sabiamos que iamos desfrutar moito ca obra "As gafas do avó" pero non ata estes límites.
Os actores Caxoto e Gema Santos empregaron por igual a lingua de signos e a oral rompendo deste xeito as barreiras de comunicación que tanto nos apresan. Transportáronnos á vida e vivencias de Laura, unha rapaza cunha imaxinación desbordable ca que moitos nos identificamos. Moitísimas gracias ao Festival Atlántica por agasallarnos deste xeito. Esperámosvos cos brazos abertos para vindeiras edicións. 💚
Deixamos tamén este vídeo:

luns, 12 de marzo de 2018
FESTIVAL ATLÁNTICA 2018
Un ano máis, o Festival Internacional de Narración Oral "ATLÁNTICA" sae a navegar polo mar das historias.

Este curso, a organización quixo desplegar as súas ás no noso salón de actos e convidar ao alumnado do Centro a adentrarse na marabillosa obra de teatro "As gafas do avó". Acontecerá o VENRES 16 DE MARZO. Estamos expectantes!!!! Moitísimas gracias e... Moita Merda!!! 😄

Este curso, a organización quixo desplegar as súas ás no noso salón de actos e convidar ao alumnado do Centro a adentrarse na marabillosa obra de teatro "As gafas do avó". Acontecerá o VENRES 16 DE MARZO. Estamos expectantes!!!! Moitísimas gracias e... Moita Merda!!! 😄
Etiquetas:
AULA 1,
AULA 2,
AULA 3,
AULA 4,
AULA 5,
EQUIPO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES,
PROGRAMAS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
domingo, 11 de marzo de 2018
luns, 5 de marzo de 2018
DÍA DE ROSALÍA
Xa sabedes que no noso cole non paramos de facer cousas. Esta vez, e commemorando á nosa Rosalía de Castro, os alumnos e alumnos da Educación Básica fixemos diferentes tarefas relacionadas con este día co fin de tela presente. Animámosvos a desfrutar do seguinte vídeo!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)