martes, 28 de novembro de 2017

Parabéns para tod@s!!!!

No mes de outubro, o mes do outono, celebramos con moita ledicia no Manuel López Navalón que tres dos nosos alumnos fixeron anos.



Parabéns a Mateo, Brais e Gisela!!!!!

mércores, 15 de novembro de 2017

O MAGOSTO NA AULA

No Grupo 2 non paramos de crear!!! Entre as actividades que elaboramos para festexar o MAGOSTO, destaca especialmente a NOSA MARI CASTAÑA. Mirade o resultado final e... coidado, NON SE COME!!!! 


venres, 10 de novembro de 2017

A SANTA COMPAÑA NO NOSO CENTRO


++ SAMAÍN... polo Grupo 2

Despois de tanta festa e celebración adicada ao Samaín, os rapaces e rapazas do Grupo 2 queremos ensinarvos en que andivemos enrolados... 
Como contamos ca axuda de Clarisa (unha marabillosa e máis que prometedora profe en prácticas), todo foi máis sinxelo e divertido. Este vídeo vai adicado a ela... 
Querémoste un montón. Gracias pola túa sensibilidade!!!!


sábado, 4 de novembro de 2017

ÓPERA GUILLERMO TELL

Coa pel de galiña... Así estivemos durante o tempo que durou a Ópera Guillermo Tell (Adaptación para nenos/as) que nos ofreceu a Compañía de Comediants A Baldufa no Auditorio de Galicia o pasado martes 31 de outubro. Desfrutamos moitísimo coas andanzas do heroe medieval protagonista desta historia.


Aquí tedes unha pequeniña mostra atopada enYouTube