martes, 21 de maio de 2019

AS NOSAS LETRAS, AS LETRAS GALEGAS

O xoves 16 de Maio celebramos no noso centro o día das Letras Galegas, pasámolo moi ben, pibtamos retratos de Antón Fraguas, cantamos cancións adaptadas con pictogramas e fixemis un gran maio.

mércores, 15 de maio de 2019

VISITA AO PARQUE DE GALERAS

Onte , como facía un día moi bo, fomos a pasar a mañá ao parque de Galeras,ademáis celebramos o cumpreamos de Claudio, alumno do G 5, que ben o pasamos!!!

xoves, 9 de maio de 2019

FP INNOVA

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza FP Innova Galicia 2019, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que ten lugar entre os días 8 e 10 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase da cuarta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a formación profesional galega.



domingo, 5 de maio de 2019

EDUCACION VIAL!!!

Este venres 3 de Maio os alumnos do CEE Manuel López Navalón disfrutaron dun encontro coa policía no cal lles recordaron cales son as normas imprescindibles para circular coa bicicleta pola rúa e de qué xeito circular correctamente como peóns.
Pasárono xenial!!!