martes, 29 de novembro de 2016

ANIVERSARIO DE JONATHAN V.


O pasado 25 de novembro, o GRUPO 4 meteuse en fariña LITERALMENTE!!!! O noso JONATHAN cumplíu 12 anos e como el é máis de salgados que de doces, decidimos festexalo cociñando unhas pizzas ao máis que xenuino estilo italiano. A continuación, amosamos un breve vídeo que de seguro vos vai abrir o apetito!!!



xoves, 24 de novembro de 2016

CABEZAS monstruosas de PELOSTORTOS




Como xa sabedes, o noso Centro adicoulle o Samaín a un protagonista con moi malas pulgas chamado Pelostortos... Os rapaces e rapazas traballaron sobre este conto dende diferentes ámbitos. Aquí tendes unha mostra!!!


martes, 22 de novembro de 2016

ACTIVIDADE ACUÁTICA

O venres día 18 de novembro fixemos unha saída moi especial, como se viña facendo en cursos anteriores. Fomos a piscina de awasan, na cal disfrutamos de todos os benefícios que aporta os nenos/as. Destacar a colaboración dos monitores da piscina e a todo o profesorado que participou.
E agora toca gozar un pouco vendo este vídeo.

luns, 21 de novembro de 2016

ANIVERSARIO DIEGO E J. MACHADO

Ola!O día 8 e 12 de novembro cumpliron anos Diego José Machado da Aula 5, con este motivo fixemos unha tarta da avoa é unha festa de aniversario conxunta. Coma sempre foi moi emotiva e pasámolo xenial cos nosos compañeiros/as de Formación Básica.

+ RECICLAXE

E para que todo centro se involucre no proxecto e no aprendizaxe do proceso de reciclar, elaboramos e colocamos nunha ubicación e espazo do centro o cal fora visual para todo alumnado uns colectores feitos polos alumnos/as de formación básica.
Velaquí os podedes observar.

PROXECTO SOBRE A RECICLAXE



Dende a visita o pasado 9 de novembro da Compañía Malabaranda ao noso Centro, estamos a traballar sobre a Reciclaxe e as súas 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Temos traballado moito sobre estes aspectos e, día  a día, comprobamos as enormes posibilidades que nos ofrece. Ademáis de coñecer xa os colectores onde debemos botar o lixo, tamén dounos tempo para realizar pulseiras recicladas, peixes con botellas e mesmo un lapbook con todo o aprendido. Esperamos que vos guste!!



sábado, 19 de novembro de 2016

O xoves 4 de Novembro Javier , da aula 2, estivo de aniversario e celebrámolo con todos os compañeiros 
da Formación Básica. En este vídeo amosamos o ben que o pasamos!!!. 
Felicidades Javi!!




Esta semana as alumnas e a mestra do taller de costura, aproveitando que estamos Coñecendo o Mar...ensináronos como facer polbos de lá....e traballamos moitísimas cousas importantísimas que nos axudan a mellorar a nosa autonomía día a día...Grazas rapazas pola vosas colaboración e o voso tempo.

domingo, 13 de novembro de 2016

O CIRCO


O mércores 9 de novembro recibimos unha visita do mundo do circo, concretamente da compañía MALABARANDA (www.pistacatro.com) a través da cal aprendemos sobre a historia das malabares. Todo o alumnado do centro puido gozar das ensinanzas e habilidades de Manuel. Esta visita complementarase cunha saída ao Auditorio de Galicia a finais de mes. 






VIDEO-RESUMO DO GRUPO 3

Velaquí unha pequena mostra dalgunhas das actividades realizadas ata agora por parte do alumnado do grupo 3. Esperamos sexa do voso agrado!! 




CELEBRAMOS O MAGOSTO!

O venres 11 celebramos o Magosto no CEE Manuel López Navalón. Aproveitando que non chovía saímos ao patio a gozar das castañas asadas e da compañía da comunidade educativa. Os nenos e nenas gozaron motio e, por que non dicilo, os maiores tamén!! Un saúdo!!!!










luns, 7 de novembro de 2016

venres, 4 de novembro de 2016

ADAPTACIÓN Do VIDEOCLIP DE MICHAEL JACKSon



SAÍDA MICOLÓXICA E EXPOSICIÓN DE COGUMELOS

Como estamos no outono e temos preto do noso centro un monte moi galego, quixemos ensinarlle ao alumnado toda a riqueza  micolóxica coa que contamos nos nosos montes e gozar desta nova aprendizaxe, a cal se traballou no centro antes de realizar esta saida. É de interese sin alar que a nivel TICS nas aulas traballouse tamén cunha aplicación chamada: Boletus Lite.

OUTRA SAÍDA

E como nos gusta tanto as saídas ,esta vez asistimos a unha obra de teatro ao auditorio Abanca.
Aquí vos deixo unha mostra.

PRIMEIRA SAÍDA

Velaquí a primeira saída deste curso que fixemos en setembro

martes, 1 de novembro de 2016

Samaín

Estamos en pleno outono, e con el, o tempo das castañas, dos días máis curtos e as noites máis longas... Tamén é o tempo do SAMAÍN, uns días de medo, de moito medo, que estamos a disfrutar no noso cole. Estades desexando ver como o celebramos, non? Ollade unha pequena mostra.
Samaín from Beatriz