O pasado 1 de decembro desprazámonos a Silleda para ver de primeira man a 4ª edición do campionato galego de Formación Profesinoal Galicia Skills 2016, que reuniu nun mesmo espazo a máis de 100 alumnos galegos de FP. Durante dous días moi intensos, estes alumnos desenvolveron numerosas probas co fin de demostrar as súas capacidades e habilidades (skills) profesionais.
venres, 16 de decembro de 2016
xoves, 15 de decembro de 2016
Un encontro inesperado
O día 30 de Novembro, tras gozar en directo dunha actuación de circo e reciclaxe, atopamos polas rúas de Santiago ao actor e humorista David Amor o cal estivo moi simpático co alumnado do centro.
martes, 6 de decembro de 2016
Día contra violencia de xénero
Educación Vial
O venres 2 de decembro os alumnos do Navalón esperabamos expectantes a visita da policía local. Ao centro achegaronse dous deles que explicáronos as normas de circulación, seguridade, ...
Logo achegámonos as instalacións da policía local onde observamos as cámaras de control do tráfico, incidencias do mesmo e funcionamento do sistemas de chamadas. Despois déronnos unha charla sobre o funcionamento dos equipos de seguridade: chalecos, escudos, porras, luces, lanternas, walki-talkies,... Continuaron ensinándonos as celdas onde teñen os reclusos.
Todos nós saímos das instalacións sentíndonos "policías por un día".

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)