sábado, 25 de marzo de 2017

O pasado venres día 18 de marzo os alumnos de talleres fomos ao Centro de Interpretación Ambiental. Alí ensináronos a necesidade de como preservar da mellor maneira posible a cidade.
Xa sabemos algo máis de como se recicla e do ciclo da auga.
Cliquea debaixo da imaxe para ver algunhas fotos da visita
 

xoves, 23 de marzo de 2017

O BISCOITO DE COCORICO

Despois de un tempo de descanso,os alumnos do grupo dous retomaron o proxecto de aula de COCORICO para rematalo. 
Para iso,baixamos ao taller de Restauración e Servizos, donde elaboramos un rico biscoito...como o do conto e,  para saborealo ben ...invitamos a todos os nenos a probalo.
Dentro vídeo!!!

mércores, 22 de marzo de 2017

En acción coa PRIMAVERA. Talleres Interniveis.



Por fin estamos na Primavera!!! Tiñamos moitas ganas de que este día chegara e así, poder ensinar o que tan segredamente estabamos gardando dende o mes de xaneiro.
O alumnado do GRUPO 4 de Educación Básica en colaboración cos rapaces e rapazas do TALLER DE CERÁMICA mostramos con moito orgullo as estupendas pezas de cerámica que elaboramos conxuntamente co motivo deste cambio de estación.
Desfrutade moito destas flores que, de seguro, non dan alerxia!!!

xoves, 16 de marzo de 2017

ANIVERSARIO DE LAURA ANTELO

Estivemos de celebración na aula do GRUPO 4 de Educación Básica!!! A nosa Laura Antelo cumplíu 16 anos. Preparamos unha festa de alto copete á que convidamos a tod@s os que quixeron achegarse. Ademáis elaboramos unha tarta moi saborosa da que non quedou nin migalliña. Esperamos que vos guste este vídeo que resume este grandioso acontecemento. Dádelle ao PLAY!!


martes, 14 de marzo de 2017

VISITA DE ANXO MOURE


O pasado xoves 23 de Febreiro recibimos a visita de Anxo Moure. Ca súa personalidade arrolladora relatounos historias e contos do rural, zona máis que coñecida por el. A súa sabiduría empapounos de sensibilidade cara a ecoloxía e o desenvolvemento sostible. Velaquí vai unha mostra do ben que o pasamos. Moitas grazas Anxo!!! Volta cando queiras!!!!











venres, 10 de marzo de 2017

++PROXECTO DO MAR. TALLERES INTERNIVEIS.

O GRUPO 4 de Educación Básica foi invitado polo Taller de Cerámica para realizar varias actividades ao longo deste curso. Imos ir pouco a pouco mostrándoas no noso blog.
A primeira, iniciámola alá polo mes de novembro co obxecto de traballar o Proxecto do Mar, que como ben sabedes, é o eixo vertebrador de todo o Centro e sobre o que xiran a maioría das actividades que se realizan no mesmo. Tivemos que esperar un tempo a que as pezas de barro secaran e unha vez cocidas, convertilas en cerámica. Esperamos que vos guste moito... polo menos, tanto como a nós.





mércores, 1 de marzo de 2017

Entroido




Un ano máis celebramos o entroido no Navalón e esta vez dedicámolo ao mar.
Había peixes, peceras, sereas, cangrexos, medusas, piratas,...
Aquí tedes unha mostra fotográfica acompañada da música "carnavalito boliviano".