domingo, 23 de abril de 2017

Plantando bidueiros

O pasado xoves día 20 todos os alumnos saímos cara á Selva Negra co obxecto de plantar bidueiros acompañados de persoal do Concello.
O Concello pretende repoboar a finca con árbores autóctonos e aquí tedes nunha mostra fotográfica da nosa aportación.
Xa de volta ao cole, na nosa finca tamén plantamos árboles froiteiros de varias clases.
Agardamos que prendan todos !!!

mércores, 19 de abril de 2017

A VACA QUE PUXO UN OVO

Este trimestre pasado no Grupo 2, aproveitando que aos nenos de esta aula lles encantan as vacas, traballamos a expresión oral mediante o conto A Vaca que puxo un ovo. Este conto adaptouse aos nenos creando un teatrillo de marionetas.
Esperamos que vos guste!!

Imos ao Teatro!!!

O pasado 4 de abril, o alumnado de Programas Formativos e os Grupos 3, 4 e 5 de Formación Básica fomos ata o Teatro Principal para desfrutar da obra "Manawee" de Matrioshka Teatro. A verdade é que rimos a esgalla con estas actrices galegas tan simpáticas!!! Elas amosáronnos eses momentos da infancia no que as cousas están a piques de cambiar para sempre... e que esas cousas que sempre creron que só lles pasaban a elas, son compartidas por todo o mundo.
Deixamos a continuación unhas fotos a mar de chulas da nosa experiencia no teatro...



 E o trailer desta peza teatral: Manawee. Convidámosvos a velo!!!!




domingo, 2 de abril de 2017

CALENDARIO ADAPTADO

No noso centro traballamos cos pictogramas de ARASAAC, este curso o calendario do centro foi adaptado e elaborado con pictogramas.
Por iso como sempre cando creo unha tarefa con estos pictogramas enviolla os creadores da páxina de recursos ARASAAC que tanto nos gusta e empregamos na educación especial.
De tal forma, que aquí vos deixo o enlace para que poidades visualizalo ou descargarlo na súa páxina.
Xa que é necesario compartir o material.
http://www.arasaac.org/materiales.php?id_material=1450

Excursión á Coruña e Sta. Cruz

O pasado xoves todos os alumnos de talleres saímos de excursión
Primeramente fomos á Asociación Artefíos na Coruña. Alí confeccionan produtos cos telares.
Despois estivemos na Asociación Keramios que está adicada a elaboración de cerámica artesanal.
O Castelo de Sta. Cruz foi a seguinte parada.
Xa despois de xantar achegámonos ao museo de oleiros.
Aquí tedes unha mostra fotográfica da excursión.

Excursión a Coruña e Sta. Cruz from Beatriz on Vimeo.

sábado, 1 de abril de 2017

Corre, corre, boliña!! en COMPOSTELA

Que ben o estamos a pasar ultimamente!!! Onte, o alumnado de Formación Básica saímos de Concerto. Fomos ata o Auditorio de Galicia e alí desfrutamos dunha maneira diferente de contar historias con música polo medio. O seu narrador, Celso Fernández, levounos marabillosamente ben polo percorrido desta "Boliña de Pan" tan lista... Queremos dende aquí, enviarlle un agarimoso aplauso a banda de Música da nosa cidade e ao seu Director Casiano Mouriño.




Deixámosvos a continuación, un vídeo dos Servizos Informativos da TVG onde podedes ver onde fomos, o que vimos, o que aprendimos e o que nos divertimos. Dádelle ao PLAY!!!