xoves, 29 de novembro de 2018

GALICIASKILLS 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou o V Campionato Galego de Formación Profesional, GALICIASKILLS 2018. Este campionato pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa Comunidade Autónoma. Co motivo desta celebración os talleres desprazámonos a Silleda onde vimos ó alumnado participante medir as súas habilidades e as súas capacidades na realización das correspondentes probas.



xoves, 22 de novembro de 2018

mércores, 21 de novembro de 2018

SAÍDA Á CONFRADÍA DE PESCADORES DE NOIA

Hoxe visitamos os bancos marisqueiros da zona de Noia onde vimos de primeira man o laborioso traballo d@s mariscador@s. Na lonxa explicáronnos o sistema  de clasificación do marisco e o sistema de venda así como a diferenciar as distintas especies. Acabamos a nosa excursión visitando a depuradora de moluscos que está na mesma lonxa.

DI NON Á VIOLENCIA MACHISTA!!!!

O 25 de Novembro é un día de vital importancia para a sociedade!!!
Aprendamos a coidar das mulleres o día 25 e os 364 días do ano!!!

xoves, 15 de novembro de 2018

XORNADA MICOLÓXICA

Hoxe fixemos  unha pequena excursión para saber un pouco máis sobre o mundo dos cogumelos. Coñecemos distintos tipos, cales son os comestibles e cales os perigosos. Poidemos ulir e tocar os cogumelos, coñecer dónde e como nacen e as súas partes. Tamén aprendemos algún sinxelo e pequeno truco para aprender a identificalos.






martes, 6 de novembro de 2018

xoves, 1 de novembro de 2018

MÁIS SOBRE O SAMAÍN E MAGOSTO


A continuación máis fotos da celebración de esta semana.








SAMAÍN E MAGOSTO NO NAVALÓN

Esta semana celebramos o Samaín, ambientamos o centro e fixemos un pequeno photocall  para que os nenos se puxesen ben guapos para saír na foto, ademáis como tamén celebramos o Magosto, comemos moitas castañas e tamén un sabroso churrasco...poñendo como punto final a degustación de uns terroríficos doces elaborados polos alumnos/as de Restauración.
Aquí un breve resumo do ben que o pasamos!!!!


martes, 16 de outubro de 2018

VISITA A METEOGALICA


Hoxe realizamos unha visita á sede de meteogalicia . Dita visita está integrada no Proxecto de MeteoEscolas e serviu para acercar ós alumnos os contidos da aula de forma moi práctica. Esta actividade consiste no lanzamento dunha radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado actual da atmosfera. Tamén tivemos unha sesión sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos.


mércores, 3 de outubro de 2018

ELABORAMOS UN PANEL DE TEXTURAS

O alumnado do G6 realizou nas súas clases de plástica un panel de texturas para axudar na estimulación sensorial aos máis pequenos do colexio.
Para levar a cabo este proxecto, tivemos que poñer marcha a nosa cabeciña para medir , recortar, pegar, planificar donde ten que ir cada elemento...levounos tempo...pero o resultado .....ENCANTOUNOS!!
BEN FEITO RAPACES!!



domingo, 30 de setembro de 2018

BENVIDO OUTONO!!!!

Como nos gusta que xa estés aquí!!!!

Axudando aos máis pequenos do colexio.

Co comezo do Outono realizamos distintas actividades para coñecer e sentir o outono, os alumnos do Grupo 5 axudaron a realizar unha actividade relacionada con esta temática e tamén lles contaron un conto ao Grupo 2, co que disfrutaron moito.
Gracias compañeiros!!!!

sábado, 14 de xullo de 2018

AO RICO CHURRASCO

Rematamos o curso 2017-2018 cun montón de actividades. Unha das máis exitosas foi a CHURRASCADA que con tanto cariño organizaron tanto mestres como persoal laboral... TODOS SOMOS UN!!! Pasámolo pipa!!! Xogamos, bailamos e comemos a esgalla...
Neste vídeo enseñámosvos unha mostra desta fantástica festa. Bo proveito!!





mércores, 23 de maio de 2018

I XORNADA POLA DIVERSIDADE


O pasado 15 de maio participamos na I XORNADA POLA DIVERSIDADE organizada polo Departamento de E.F. do CPI Antonio Orza Couto (O Forte-Boqueixón). 




Alí, ademais de formar parte da mesa redonda con diferentes asociacións de recoñecido prestixio contribuíndo coas nosas experiencias, participamos no CIRCUITO DEPORTIVO que prepararon con tanto cariño tanto profes como alumnos/as do CPI. Pasámolo requeteben, coñecemos a un montón de xente e compartimos unha vivencia que dende logo, TENSE QUE REPETIR.
A continuación, unha mostra do ben que o pasamos!!! Mil gracias!!!


SAÍDA COAS BICIS. Grupo 4 e 5



LETRAS GALEGAS. María Victoria Moreno. 2018


martes, 22 de maio de 2018

ANIVERSARIO DE XIÁN

O pasado 9 de maio celebramos o cumpreanos de Xián da mellor maneira posible e con sorpresa incluída. O alumnado do Programa Formativo de Restauración e Servizos chamou á nosa porta cunha deliciosa tarta de froitas frescas... quedámonos sen palabras ante este detallazo. O noso Xián non sabía como agradecer semellante regalazo!!! Gracias a tod@s de corazón e en especial, á profe Ana Otero. Desfrutade deste doce vídeo!!!



VISITA Ó GADIS

 Hoxe visitamos ó supermercado GADIS, alí explicáronnos a pirámide alimenticia e os hábitos de vida saudables así como as diferentes seccións do supermercado. Terminamos a nosa visita co agasallo dun zume, unha botella de auga e unha peza de froita.

xoves, 26 de abril de 2018

FP INNOVA

    Os días 25 e 26 de abril os talleres de cerámica e costura participaron na terceira edición de FP Innova Galicia 2018, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia.
     O alumnado participante nestes obradoiros realizaron broches coa técnica do apretón e complementos de moda con pel e madeira.


REGUEIFA TALLERES FORMATIVOS NAVALON 2018


luns, 16 de abril de 2018

VISITA AO CIRCUITO DA POLICIA LOCAL

A semana pasada fomos convidados pola Policía Local de Santiago ao recinto ferial de Amio, onde o noso alumnado desfrutou dunha Xornada Vial "motorizada". Si, si... motorizada!! Os rapaces e rapaces armáronse de cascos e bicis e completaron un circuito a mar de realista. Tamén montamos en karts e patinetes... Pasámolo de marabilla!!! Ollade este vídeo!!!





mércores, 4 de abril de 2018

DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA

"ARTESANÍAS NO NAVALÓN". Así son como se chaman as xornadas que se están a levar a cabo no noso Centro dende o martes 3 de abril e que rematarán o vindeiro venres 6. A profesora Susana, titora do Taller de Cerámica, é quen coordina as diferentes actividades que se están executando cun éxito formidable. Conta coa axuda inestimable do resto de profesorado dos Programas Formativos da F.P.
Ollade o cartel que nos quedou!!!! Un auténtico luxo contar coa sabedoría destes auténticos artesáns e co seu valioso tempo!!!!


xoves, 22 de marzo de 2018

SEMENTEIRA DE FRONDOSAS AUTÓCTONAS NO PEDROSO


O mércores fixemos  a primeira saída de primavera para facer unha plantación de sementes frondosas autóctonas (landras e noces), no Pedroso.
Este foi un traballo que realizou o profesor de producións agrícolas, Carlos, xunto co seu alumnado. Unha vez no Pedroso, explicáronnos que en outubro recolectaron landras e noces que puxeron en frío durante o inverno e onte a maioría do alumado e profesorado axudamos a sementalas.


PROGRAMA FORMATIVO DE SERVIZOS E RESTAURACIÓN

O programa formativo de servizos e restauración visitan  o CIFP COMPOSTELA...... donde estivemos coñecendo as instalacións e vivindo unha experiencia gastronómica!!!!
Estivemos vendo como realizaban as operacións de preservizo, e de servizo de alimentos e bebidas!!
Coñecemos maquinaria,  equipamentos, utensilios e enxoval dun restaurante, dunha cafetería e dun bar inglés, así como distintas técnicas de servizo!
E tamén  saímos a coñecer o hostal dos Reis Católicos.
No Hostal dos Reis Católicos descubrimos toda a súa historia e coñecemos aas instalacións de restauración e aloxamento!
De seguido podedes ver unha mostra destas saídas 

martes, 20 de marzo de 2018

AS GAFAS DO AVÓ. FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

SEN PALABRAS... verdadeiramente así nos quedamos tod@s: ABRAIADOS!!! Sabiamos que iamos desfrutar moito ca obra "As gafas do avó" pero non ata estes límites.
Os actores Caxoto e Gema Santos empregaron por igual a lingua de signos e a oral rompendo deste xeito as barreiras de comunicación que tanto nos apresan. Transportáronnos á vida e vivencias de Laura, unha rapaza cunha imaxinación desbordable ca que moitos nos identificamos. Moitísimas gracias ao Festival Atlántica por agasallarnos deste xeito. Esperámosvos cos brazos abertos para vindeiras edicións. 💚






Deixamos tamén este vídeo:



luns, 12 de marzo de 2018

FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

Un ano máis, o Festival Internacional de Narración Oral "ATLÁNTICA" sae a navegar polo mar das historias.




Este curso, a organización quixo desplegar as súas ás no noso salón de actos e convidar ao alumnado do Centro a adentrarse na marabillosa obra de teatro "As gafas do avó". Acontecerá o VENRES 16 DE MARZO. Estamos expectantes!!!! Moitísimas gracias e... Moita Merda!!! 😄



AS MULLERES DA NOSA VIDA

Os rapaces e rapazas da aula 2 quixeron conmemorar o Día da Muller recordando ás MULLERES DAS SÚAS VIDAS. 





Aniversarios mes de marzo: Laura Antelo e Alba


luns, 5 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Xa sabedes que no noso cole non  paramos de facer cousas. Esta vez, e commemorando á nosa Rosalía de Castro, os alumnos e alumnos da Educación Básica fixemos diferentes tarefas relacionadas con este día co fin de tela presente. Animámosvos a desfrutar do seguinte vídeo!!!



luns, 19 de febreiro de 2018

DIA DA PAZ

A pesares de que para nós todos os días son de PAZ, o pasado 30 de xaneiro celebramos por todo o alto o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Aí vai unha mostra!!!


domingo, 18 de febreiro de 2018

REALIDADE VIRTUAL. Proxecto do bosque


LIBRO SENSORIAL E METODOLOXÍA TEACH , SOBRE O PROXECTO DO MAR


Contos de burros con IGNACIO VILARIÑO

Fai uns días recibimos con moito agarimo a  Ignacio Vilariño, un contacontos de Lalín que nos sorprendeu a todos cas súas historias sobre burros. Acompañado do seu ukelele rematamos a función cunha divertida canción de Rosa León "O burro enfermo". Canto nos rimos!!!! Unha aperta Ignacio, volta cando queiras!!!



Vaia despiste: CIRCOPETA

Fai un tempo, o alumnado de Educación Básica acudimos ao Auditorio Abanca para disfrutar do espectáculo: CIRCOPETA, unha mestura de música, clown e gags teatrais de catro músicos do rural galego. Pasámolo fantásticamente ben contemplando como se lle pode dar vida a "instrumentos" da vida cotiá e sonorizalos con melodías e ritmos supermarchosos. Aí vai unha mostra...






















E tamén un vídeo!!!! 


AUDIOCONTO: Orellas de bolboreta adaptado ANEAE


LIBRO SENSORIAL E DE PSICOMOTICIDADE: MARA.Realizado pô-la Mestra Eva Formoso


xoves, 25 de xaneiro de 2018

TODO É PERCUSIÓN

Hoxe tivemos o pracer de disfrutar do espectáculo levado a cabo polo dúo de percusión Duas e dúas bailarinas de arte contemporáneo, que se identifican baixo o nome de Exire, co obxetivo principal de chegar ó Arte Total a través da ligazón das distintas artes: música, danza e teatro.



martes, 23 de xaneiro de 2018

AS LOLLIPOPS "A música vocal"

    Hoxe asistimos ó concerto didáctico de AS LOLLIPOPS , grupo formado por  tres voces femininas, Paula Romeu, Marian Ledesma, Paty Lesta e un pianista, Cristian Leggiero.
    Durante unha hora de concerto explicáronnos, con música en directo e dunha maneira moi, moi divertida, conceptos craves da música vocal e coral, demostrándonos que calquera canción se pode cantar a voces.