O mércores fixemos a primeira saída de primavera para facer unha plantación de sementes frondosas autóctonas (landras e noces), no Pedroso.
Este foi un traballo que realizou o profesor de producións agrícolas, Carlos, xunto co seu alumnado. Unha vez no Pedroso, explicáronnos que en outubro recolectaron landras e noces que puxeron en frío durante o inverno e onte a maioría do alumado e profesorado axudamos a sementalas.