O venres ensináronos de que xeito merendar de forma saudable ....fixemos uns ricos burritos con humus, xamón cocido,canónigos e queixo.
Despois fixemos un pouco de deporte para facer a dixestión e por último recibimos un agasallo dos monitores...unha caixa con rica froita!!!
Qué bo estaba todo!!
Hoxe participamos nunha actividade proposta dende a empresa LIDL, na que o propósito é concienciar sobre a adquisición dunha boa alimentación á hora da merenda, xa que é un momento idóneo para poder tomar unha das cinco racións de froita e verdura que recomendan os expertos. Ademais de complementar a dieta coa práctica de exercicio regular, algo que puidemos comprobar cunha gymkana.