sábado, 23 de febreiro de 2019

COMEZAMOS CO ENTROIDO

Comezamos co entroido no Navalón e neste curso damos a benvida a Atilana “o noso meco” onde termos que cumprir os seus mandatos toda a semana.


Este curso o noso cole recibe con ilusión catro mandatos de Atilana “o meco” para cumprir sin discusión. E como estamos cos xogos tradicionais:
O luns se á corda ben queres saltar, algo na cabeza debes levar.
O martes se á billarda ben queres xogar, a cara tes que pintar .
O mércores se o peón ben querer tirar ,os zapatos distintos en cada pé porás.
O xoves se os bolos queres acertar,  unha bata de casa ou pijama debes levar.


Para facer o Meco contamos coa colaboración do alumnado do centro .




O venres celebraremos o entroido disfrazándonos , e para non darlle a cabeza, adiantamos información:
O grupo 1 e 2: vacas 🐮 
O grupo 3: Rás 🐸 
O grupo 4,5 e 6: 🎸 Rockeiros
Non te perdas a vindeira publicación no blogue do entroido 2019.

martes, 12 de febreiro de 2019

Títeres en Compostela

O luns 11 os amigos dos grupos 1,2 e 3 foron s unha saída moi especial...aos títeres.
Alí vimos a obra Cu-cú Tas -tas...encantados quedamos e a proba diso aquí a temos.


martes, 5 de febreiro de 2019

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ MUNDIAL

O día 30 de Xaneiro celebramos no centro o día da Paz, ademáis  recordamos o famoso Ghandi a través de debuxos e relatos.
Os alumnos do grupo 5 prepararon unha fermosa canción sobre a Paz que foron interpretando por todas as aulas do centro.


AWSAN 2019 
O día 25 os grupos G5 e G6 foron á piscina de AWSAN. Disfrutaron moitísimo. Aquí vai a proba...