martes, 24 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA

Ante o estado de alarma que nos toca vivir, dende o centro propoñemos unha serie de actividades a desenvolver na casa, dentro da aula virtual . Están distribuidas por áreas para que poidades elixir e rapartir o tempo, adicáncolle un tempo fixo  a cada área establecendo unha rutina de traballo diario.

Lembrade tamén que dende o luns 23 de marzo ponse en marcha Aprendemos en casa, a iniciativa do Ministerio de Educación e FP e RTVE dirixida a estudantes entre 6 e 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante o tempo que duren as medidas de illamento. Cada día pola mañá de luns a venres emitiranse cinco horas de contidos educativos en aberto a través de Clan TV  e La 2, horario de emisión.

mércores, 4 de marzo de 2020

PRIMEIRO PREMIO PARA O ALUMNADO DE FORMACIÓN BÁSICA NO DESEÑO DO CARTEL DO DÍA 8 DE MARZO

Hoxe o alumnado de Formación Básica recolleu o primeiro premio na categoría de 5° e 6°  de Primaria e de 1° e 2° de ESO, polo deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, co cartel tilulado O cambio comeza por nós.


luns, 25 de novembro de 2019

"CONTRA A VIOLENCIA, EDUCACIÓN"


A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional e na que diversos centros escolares representaron proxectos realizados para a ocasión dentro dun certame organizado polo Concello.

venres, 8 de novembro de 2019

COMEZAN OS OBRADOIROS NO NAVALON

Na xornada de hoxe danse por innagurados os obradoiros do curso 2019-20 no Navalón, coa vistita do CEIP de ROXOS.

martes, 24 de setembro de 2019

Visita do barista Mikel Martínez

O luns tivemos a visita de Mikel Martínez Colinas, barista profesional, que impartiu unha masterclass  sobre o mundo de café.



Benvid@s

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!

Chegou setembro e entre raiolas de sol e as primeiras chuvias hai unha semana que comezamos o curso.
Comeza unha bitácora nova, ao mesmo tempo, e Olladas no Navalón recollerá as  experiencias de todas e todos nós que compartiremos con imaxes,textos, fotos.
Trataremos dende as nosas experiencias compartirnesta fiestra, o camiño dun proceso de ensino compasado e respectando a diversidade de cada ritmo de aprendizaxe.




martes, 21 de maio de 2019

AS NOSAS LETRAS, AS LETRAS GALEGAS

O xoves 16 de Maio celebramos no noso centro o día das Letras Galegas, pasámolo moi ben, pibtamos retratos de Antón Fraguas, cantamos cancións adaptadas con pictogramas e fixemis un gran maio.

mércores, 15 de maio de 2019

VISITA AO PARQUE DE GALERAS

Onte , como facía un día moi bo, fomos a pasar a mañá ao parque de Galeras,ademáis celebramos o cumpreamos de Claudio, alumno do G 5, que ben o pasamos!!!

xoves, 9 de maio de 2019

FP INNOVA

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza FP Innova Galicia 2019, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que ten lugar entre os días 8 e 10 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase da cuarta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a formación profesional galega.