venres, 31 de marzo de 2017
martes, 28 de marzo de 2017
sábado, 25 de marzo de 2017
O pasado venres día 18 de marzo os alumnos de talleres fomos ao Centro de Interpretación Ambiental. Alí ensináronos a necesidade de como preservar da mellor maneira posible a cidade.
Xa sabemos algo máis de como se recicla e do ciclo da auga.
Cliquea debaixo da imaxe para ver algunhas fotos da visita
Xa sabemos algo máis de como se recicla e do ciclo da auga.
Cliquea debaixo da imaxe para ver algunhas fotos da visita
xoves, 23 de marzo de 2017
O BISCOITO DE COCORICO
Despois de un tempo de descanso,os alumnos do grupo dous retomaron o proxecto de aula de COCORICO para rematalo.
Para iso,baixamos ao taller de Restauración e Servizos, donde elaboramos un rico biscoito...como o do conto e, para saborealo ben ...invitamos a todos os nenos a probalo.
Dentro vídeo!!!
mércores, 22 de marzo de 2017
En acción coa PRIMAVERA. Talleres Interniveis.
Por fin estamos na Primavera!!! Tiñamos moitas ganas de que este día chegara e así, poder ensinar o que tan segredamente estabamos gardando dende o mes de xaneiro.
O alumnado do GRUPO 4 de Educación Básica en colaboración cos rapaces e rapazas do TALLER DE CERÁMICA mostramos con moito orgullo as estupendas pezas de cerámica que elaboramos conxuntamente co motivo deste cambio de estación.
Desfrutade moito destas flores que, de seguro, non dan alerxia!!!
xoves, 16 de marzo de 2017
ANIVERSARIO DE LAURA ANTELO
Estivemos de celebración na aula do GRUPO 4 de Educación Básica!!! A nosa Laura Antelo cumplíu 16 anos. Preparamos unha festa de alto copete á que convidamos a tod@s os que quixeron achegarse. Ademáis elaboramos unha tarta moi saborosa da que non quedou nin migalliña. Esperamos que vos guste este vídeo que resume este grandioso acontecemento. Dádelle ao PLAY!!
martes, 14 de marzo de 2017
VISITA DE ANXO MOURE
O pasado xoves 23 de Febreiro recibimos a visita de Anxo Moure. Ca súa personalidade arrolladora relatounos historias e contos do rural, zona máis que coñecida por el. A súa sabiduría empapounos de sensibilidade cara a ecoloxía e o desenvolvemento sostible. Velaquí vai unha mostra do ben que o pasamos. Moitas grazas Anxo!!! Volta cando queiras!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










