luns, 16 de abril de 2018
VISITA AO CIRCUITO DA POLICIA LOCAL
A semana pasada fomos convidados pola Policía Local de Santiago ao recinto ferial de Amio, onde o noso alumnado desfrutou dunha Xornada Vial "motorizada". Si, si... motorizada!! Os rapaces e rapaces armáronse de cascos e bicis e completaron un circuito a mar de realista. Tamén montamos en karts e patinetes... Pasámolo de marabilla!!! Ollade este vídeo!!!
Etiquetas:
AULA 1,
AULA 2,
AULA 3,
AULA 4,
AULA 5,
EQUIPO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES,
PROGRAMAS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
sábado, 7 de abril de 2018
mércores, 4 de abril de 2018
DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA
"ARTESANÍAS NO NAVALÓN". Así son como se chaman as xornadas que se están a levar a cabo no noso Centro dende o martes 3 de abril e que rematarán o vindeiro venres 6. A profesora Susana, titora do Taller de Cerámica, é quen coordina as diferentes actividades que se están executando cun éxito formidable. Conta coa axuda inestimable do resto de profesorado dos Programas Formativos da F.P.
Ollade o cartel que nos quedou!!!! Un auténtico luxo contar coa sabedoría destes auténticos artesáns e co seu valioso tempo!!!!
Ollade o cartel que nos quedou!!!! Un auténtico luxo contar coa sabedoría destes auténticos artesáns e co seu valioso tempo!!!!
xoves, 22 de marzo de 2018
SEMENTEIRA DE FRONDOSAS AUTÓCTONAS NO PEDROSO
O mércores fixemos a primeira saída de primavera para facer unha plantación de sementes frondosas autóctonas (landras e noces), no Pedroso.
Este foi un traballo que realizou o profesor de producións agrícolas, Carlos, xunto co seu alumnado. Unha vez no Pedroso, explicáronnos que en outubro recolectaron landras e noces que puxeron en frío durante o inverno e onte a maioría do alumado e profesorado axudamos a sementalas.
PROGRAMA FORMATIVO DE SERVIZOS E RESTAURACIÓN
O programa formativo de servizos e restauración visitan o CIFP COMPOSTELA...... donde estivemos coñecendo as instalacións e vivindo unha experiencia gastronómica!!!!
Estivemos vendo como realizaban as operacións de preservizo, e de servizo de alimentos e bebidas!!
Coñecemos maquinaria, equipamentos, utensilios e enxoval dun restaurante, dunha cafetería e dun bar inglés, así como distintas técnicas de servizo!
E tamén saímos a coñecer o hostal dos Reis Católicos.
No Hostal dos Reis Católicos descubrimos toda a súa historia e coñecemos aas instalacións de restauración e aloxamento!

De seguido podedes ver unha mostra destas saídas
martes, 20 de marzo de 2018
AS GAFAS DO AVÓ. FESTIVAL ATLÁNTICA 2018
SEN PALABRAS... verdadeiramente así nos quedamos tod@s: ABRAIADOS!!! Sabiamos que iamos desfrutar moito ca obra "As gafas do avó" pero non ata estes límites.
Os actores Caxoto e Gema Santos empregaron por igual a lingua de signos e a oral rompendo deste xeito as barreiras de comunicación que tanto nos apresan. Transportáronnos á vida e vivencias de Laura, unha rapaza cunha imaxinación desbordable ca que moitos nos identificamos. Moitísimas gracias ao Festival Atlántica por agasallarnos deste xeito. Esperámosvos cos brazos abertos para vindeiras edicións. 💚
Deixamos tamén este vídeo:

luns, 12 de marzo de 2018
FESTIVAL ATLÁNTICA 2018
Un ano máis, o Festival Internacional de Narración Oral "ATLÁNTICA" sae a navegar polo mar das historias.

Este curso, a organización quixo desplegar as súas ás no noso salón de actos e convidar ao alumnado do Centro a adentrarse na marabillosa obra de teatro "As gafas do avó". Acontecerá o VENRES 16 DE MARZO. Estamos expectantes!!!! Moitísimas gracias e... Moita Merda!!! 😄

Este curso, a organización quixo desplegar as súas ás no noso salón de actos e convidar ao alumnado do Centro a adentrarse na marabillosa obra de teatro "As gafas do avó". Acontecerá o VENRES 16 DE MARZO. Estamos expectantes!!!! Moitísimas gracias e... Moita Merda!!! 😄
Etiquetas:
AULA 1,
AULA 2,
AULA 3,
AULA 4,
AULA 5,
EQUIPO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES,
PROGRAMAS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)