Hoxe realizamos
unha visita á sede de meteogalicia . Dita visita está integrada no Proxecto de
MeteoEscolas e serviu para acercar ós alumnos os contidos da aula de forma moi
práctica. Esta actividade consiste no lanzamento dunha radiosonda meteorolóxica
que, impulsada por un globo, proporciona
información sobre o estado actual da atmosfera. Tamén tivemos unha sesión sobre meteoroloxía e
aparellos meteorolóxicos.
martes, 16 de outubro de 2018
mércores, 3 de outubro de 2018
ELABORAMOS UN PANEL DE TEXTURAS
O alumnado do G6 realizou nas súas clases de plástica un panel de texturas para axudar na estimulación sensorial aos máis pequenos do colexio.
Para levar a cabo este proxecto, tivemos que poñer marcha a nosa cabeciña para medir , recortar, pegar, planificar donde ten que ir cada elemento...levounos tempo...pero o resultado .....ENCANTOUNOS!!
BEN FEITO RAPACES!!
domingo, 30 de setembro de 2018
Axudando aos máis pequenos do colexio.
Co comezo do Outono realizamos distintas actividades para coñecer e sentir o outono, os alumnos do Grupo 5 axudaron a realizar unha actividade relacionada con esta temática e tamén lles contaron un conto ao Grupo 2, co que disfrutaron moito.
Gracias compañeiros!!!!
Gracias compañeiros!!!!
mércores, 26 de setembro de 2018
luns, 24 de setembro de 2018
sábado, 14 de xullo de 2018
AO RICO CHURRASCO
Rematamos o curso 2017-2018 cun montón de actividades. Unha das máis exitosas foi a CHURRASCADA que con tanto cariño organizaron tanto mestres como persoal laboral... TODOS SOMOS UN!!! Pasámolo pipa!!! Xogamos, bailamos e comemos a esgalla...
Neste vídeo enseñámosvos unha mostra desta fantástica festa. Bo proveito!!
Neste vídeo enseñámosvos unha mostra desta fantástica festa. Bo proveito!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)