xoves, 9 de maio de 2019

FP INNOVA

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza FP Innova Galicia 2019, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que ten lugar entre os días 8 e 10 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase da cuarta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a formación profesional galega.



domingo, 5 de maio de 2019

EDUCACION VIAL!!!

Este venres 3 de Maio os alumnos do CEE Manuel López Navalón disfrutaron dun encontro coa policía no cal lles recordaron cales son as normas imprescindibles para circular coa bicicleta pola rúa e de qué xeito circular correctamente como peóns.
Pasárono xenial!!!

venres, 29 de marzo de 2019

ARTESANÍAS NO NAVALÓN

"ARTESANÍAS NO NAVALÓN". Así son como se chaman as xornadas que se están a levar a cabo no noso Centro dende o venres 29 de marzo e que rematarán o vindeiro xoves 4 de abril. A profesora Susana, titora do Taller de Cerámica, é quen coordina as diferentes actividades que se están executando cun éxito formidable.