O pasado 25 de novembro, o GRUPO 4 meteuse en fariña LITERALMENTE!!!! O noso JONATHAN cumplíu 12 anos e como el é máis de salgados que de doces, decidimos festexalo cociñando unhas pizzas ao máis que xenuino estilo italiano. A continuación, amosamos un breve vídeo que de seguro vos vai abrir o apetito!!!
martes, 29 de novembro de 2016
xoves, 24 de novembro de 2016
CABEZAS monstruosas de PELOSTORTOS
Como xa sabedes, o noso Centro adicoulle o Samaín a un protagonista con moi malas pulgas chamado Pelostortos... Os rapaces e rapazas traballaron sobre este conto dende diferentes ámbitos. Aquí tendes unha mostra!!!
martes, 22 de novembro de 2016
ACTIVIDADE ACUÁTICA
O venres día 18 de novembro fixemos unha saída moi especial, como se viña facendo en cursos anteriores. Fomos a piscina de awasan, na cal disfrutamos de todos os benefícios que aporta os nenos/as. Destacar a colaboración dos monitores da piscina e a todo o profesorado que participou.
E agora toca gozar un pouco vendo este vídeo.
luns, 21 de novembro de 2016
ANIVERSARIO DIEGO E J. MACHADO
+ RECICLAXE
E para que todo centro se involucre no proxecto e no aprendizaxe do proceso de reciclar, elaboramos e colocamos nunha ubicación e espazo do centro o cal fora visual para todo alumnado uns colectores feitos polos alumnos/as de formación básica.
Velaquí os podedes observar.
PROXECTO SOBRE A RECICLAXE
Dende a visita o pasado 9 de novembro da Compañía Malabaranda ao noso Centro, estamos a traballar sobre a Reciclaxe e as súas 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Temos traballado moito sobre estes aspectos e, día a día, comprobamos as enormes posibilidades que nos ofrece. Ademáis de coñecer xa os colectores onde debemos botar o lixo, tamén dounos tempo para realizar pulseiras recicladas, peixes con botellas e mesmo un lapbook con todo o aprendido. Esperamos que vos guste!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)