O venres 28 celebramos o Samaín...polo que xa comezamos a semana ambientando o centro e traballando sobre o tema.
Hoxe empezamos o día levando a cabo un taller de cociña, no cal participaron os alumnos do grupo 2 e 5....e preguntarédesvos que fixemos...pois ¡¡¡GALLETAS TERRORÍFICAS!!!
Comezamos preparando a receta e estudiando os ingredientes e as cantidades que precisamos...feito esto...alá nos fomos ao taller dos compañeiros de Restauración e Servizos para facer as galletas.
Tamén nos visitaron os alumnos/as do taller de Cerámica para ver como traballábamos.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo de dita actividade no cal os nenos disfrutaron moitísimo e descubrimos o ben que cociñan e o moito que lles gusta estar coas mans na masa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario