sábado, 27 de maio de 2017
REGUEIFAS DO NAVALÓN. LETRAS GALEGAS 2017
O Departamento de Lingua Galega de Santiago de Compostela convocou durante o mes de abril un certame de regueifas en video para contribuir ao coñecemento desta forma de improvidación oral, incentivar a súa práctica e colaborar á creación de espazos nos que a lingua galega sexa canle de expresión, comunicación, participación e divertimento.
O noso participou neste iniciativa, gañando o premio a regueifa máis diversa, de seguido podedes ver os videos.
O noso participou neste iniciativa, gañando o premio a regueifa máis diversa, de seguido podedes ver os videos.
domingo, 14 de maio de 2017
VERSOS DE PRIMAVERA
Co gallo da entrada da PRIMAVERA, dende o Equipo de Dinamización Lingüística decidiuse elaborar un mural e enchelo de VERSOS AMOROSOS, DINÁMICOS e DIVERTIDOS. O alumnado do GRUPO 4 de Formación Básica quixo contribuír con esta acción primaveral e fixemos un acróstico coa palabra PRIMAVERA, debuxamos unha bolboreta e a completamos cun verso... e como non, nos atrevemos a inventar poesías a mar de simpáticas. A continuación, convidámosvos a lelas e desfrutar un anaco co noso traballo. Benvida Primavera!!!!
Partido de fútbol: profesorado vs alumnado
No CEE Manuel López Navalón contamos cuns deportistas marabillosos e unha afición de luxo, en consecuencia: formamos un equipo extraordinario. Aquí podedes ver as imaxes do partido de fútbol celebrado entre o profesorado e o alumnado onde o pasamos en grande.
Un saúdo!
Etiquetas:
AULA 1,
AULA 2,
AULA 3,
AULA 5,
EQUIPO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES,
PROGRAMAS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL,
TALLERES FORMATIVOS
ANIVERSARIO DE CARMEN AMELIA
A nosa compañeira Carmen Amelia cumpriu 14 anos e cos seus amigos e amigas de Formación Básica fixemos unha festa para celebralo. Felicidades, Carmen Amelia!
O Xardín do Navalón
Coa chegada da primavera todo o noso alumnado se vió reflectido nunha flor, creando un fermoso xardín: o xardín do Navalón.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)