domingo, 14 de maio de 2017

VERSOS DE PRIMAVERA


Co gallo da entrada da PRIMAVERA, dende o Equipo de Dinamización Lingüística decidiuse elaborar un mural e enchelo de VERSOS AMOROSOS, DINÁMICOS e DIVERTIDOS. O alumnado do GRUPO 4  de Formación Básica quixo contribuír con esta acción primaveral e fixemos un acróstico coa palabra PRIMAVERA, debuxamos unha bolboreta e a completamos cun verso... e como non, nos atrevemos a inventar poesías a mar de simpáticas. A continuación, convidámosvos a lelas e desfrutar un anaco co noso traballo. Benvida Primavera!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario