venres, 17 de febreiro de 2017
martes, 7 de febreiro de 2017
Cando falamos de Estimulación Sensorial, facemos refencia a entrada de información ao sistema nervioso a través dos sentidos para crear sensacións e percepcións distintas. Esto constitúe o primeiro elemento sobre o que se constrúe calquera aprendizaxe, xa que supón a primeria etapa do desenvolvemento das funcións cognitivas básicas (atención e memoria) e permite o desenvolvemento das funcións cognitivas superiores (resolución de problemas, razoamento, linguaxe e creatividade).
Grazas aos sentidos, explorando o entorno mediante o movemento, prodúcese un proceso de asimiliación que permite a construcción de aprendizaxes e a comprensión do mundo que nos rodea.
Tendo en conta a importancia de dito proceso de Estimulación Sensorial e tendo en conta as características do noso alumnado, no Grupo 2, pensamos que é preciso traballar a fondo este aspecto para poder construír, como ben indica Jane Ayres, aprendizaxes posteriores e poder alcanzar, que en este caso é o que máis nos interesa, un sistema de comunicación alterantivo á linguaxe ou aumentativo, acompañando á linguaxe oral.
De ahí que traballando Cocorico, nos decantásemos por realizar un libro sensorial donde traballamos a discriminación visual, auditiva, atención, memoria, o tacto...
Esperamos, dende o a nosa aula, que vos guste.
Grazas a Jenny, a mestra de prácticas do Grupo 2, pola súa colaboración !!
Grazas a Jenny, a mestra de prácticas do Grupo 2, pola súa colaboración !!
martes, 31 de xaneiro de 2017
Este trimestre no grupo 2 estamos a traballar un pequeno proxecto sobre o
conto infantil COCORICO.
O primeiro de todo facer o conto accesible a todo o alumnado, polo que nos
apoiamos na lingua de señas e no SPC como Sistema Aumentativo e Alternativo de
Comunicación.
Pouco a pouco subiremos as distintas actividades
realizadas na aula.
Deixamos aquí o conto en lingua de señas.
Damos as grazas ao mestre Óscar por axudarnos
con esta actividade.
Visita a biblioteca Ánxel Casal
O pasado día 12 de xaneiro, os alumnos de talleres fixemos unha visita á biblioteca Ánxel Casal.
Explicáronnos como funciona o préstamo interbibliotecario, como facerse usuario e os servizos da mesma.
Estar en contacto coa biblioteca foi unha lección práctica para todos e un motivo máis para animarnos a ler.
Ánxel Casal from Beatriz on Vimeo.
Explicáronnos como funciona o préstamo interbibliotecario, como facerse usuario e os servizos da mesma.
Estar en contacto coa biblioteca foi unha lección práctica para todos e un motivo máis para animarnos a ler.
Ánxel Casal from Beatriz on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)