domingo, 28 de maio de 2017

CLUBE DE LECTURA. Grupo 5

Estamos remantando o curso e tamén con este o clube de lectura creado no grupo 5 chamado polo alumnado Glu-glú , igual que a noso peixe que temos na aula.
Así que quixemos elaborar unhas mochilas cun logotipo que reflexara a ilusión, animación á lectura, traballo en equipo e contos lidos no noso clube.
De xeito que decidimos empregar a aplicación Shapego e creamos a seguinte imaxe a cal vamos a plasmar nunha mochila propia do noso clube.
Desexarvos a miña noraboa rapaces , foi un curso onde a pintura rima con lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario