xoves, 14 de decembro de 2017

A Policía Local de Santiago visita o noso centro

Fai uns días recibimos con moito entusiasmo, aos policías responsables da Eucación Vial do noso Concello. Ademáis dunha divertida charla moi musicalizada, deixáronnos subir aos seus vehículos policiais... TODO UN ACONTECEMENTO!!! Pasámolo pipa!!!


PARABÉNS para tod@s!!!!

       

mércores, 13 de decembro de 2017

Toca COIDARSE!!! 

No Manuel López Navalón temos tempo para moito, uns días comemos torta e outros froita; porque o san tamén está moi bo. Aquí vos deixamos boa mostra disto cunha cata de froitas doces e ácidas. 

martes, 28 de novembro de 2017

Parabéns para tod@s!!!!

No mes de outubro, o mes do outono, celebramos con moita ledicia no Manuel López Navalón que tres dos nosos alumnos fixeron anos.



Parabéns a Mateo, Brais e Gisela!!!!!

mércores, 15 de novembro de 2017

O MAGOSTO NA AULA

No Grupo 2 non paramos de crear!!! Entre as actividades que elaboramos para festexar o MAGOSTO, destaca especialmente a NOSA MARI CASTAÑA. Mirade o resultado final e... coidado, NON SE COME!!!! 


venres, 10 de novembro de 2017

A SANTA COMPAÑA NO NOSO CENTRO


++ SAMAÍN... polo Grupo 2

Despois de tanta festa e celebración adicada ao Samaín, os rapaces e rapazas do Grupo 2 queremos ensinarvos en que andivemos enrolados... 
Como contamos ca axuda de Clarisa (unha marabillosa e máis que prometedora profe en prácticas), todo foi máis sinxelo e divertido. Este vídeo vai adicado a ela... 
Querémoste un montón. Gracias pola túa sensibilidade!!!!


sábado, 4 de novembro de 2017

ÓPERA GUILLERMO TELL

Coa pel de galiña... Así estivemos durante o tempo que durou a Ópera Guillermo Tell (Adaptación para nenos/as) que nos ofreceu a Compañía de Comediants A Baldufa no Auditorio de Galicia o pasado martes 31 de outubro. Desfrutamos moitísimo coas andanzas do heroe medieval protagonista desta historia.


Aquí tedes unha pequeniña mostra atopada enYouTube


domingo, 29 de outubro de 2017

GALLETIÑAS MONTRUOSAS POLO SAMAÍN

Os rapaces e rapaces dos GRUPOS 1 e 2 de Formación Básica pasamos unha xornada entre fogóns... Como estamos mergullados no Samaín decidimos elaborar unhas riquísimas e terroríficas galletas de manteiga. O resultado: EXQUISITO!!! Convidámosvos a que as saboreedes vendo este vídeo... Umm!!

xoves, 19 de outubro de 2017

BENVIDO OUTONO!!!! GRUPO 2

Pois aquí estamos un ano máis. Felices, ledos e cheos de ilusión con este inicio de curso que estamos segurísimos VAI PROMETER MOITO. Desfrutade deste vídeo co que quixemos sentir a chegada do OUTONO.


domingo, 15 de outubro de 2017

"A casa do avó" no Teatro Principal

Xa chegou o día!!!! Que ganiñas tiñamos todos... Por fin, imos ao Teatro.
O alumnado de Formación Básica iniciamos este curso 2017-2018 cunha entrañable historia da man da Compañía TANXARINA TITERES. Con ela aprendemos a axudarnos uns aos outros e a resolver problemas pola vía pacífica. Foi divertidísimo!!!!





domingo, 18 de xuño de 2017

O tinguido da lá

O proceso  foi o seguinte:
Cardado da la
Fiado con roca
Facer madexa
Convertir a madexa en ovillo
Por último, fixemos un tecido no telar
Mirade o video para ver todo o proceso

xoves, 8 de xuño de 2017

Meu Deus!!! Aniversario de Moisés!!

Case se nos traspapela unha festa estupenda que tivemos a mediados de maio... O aniversario de Moisés!!! Porque máis vale tarde que nunca, adxuntamos este evento tan cotizado.  Mil bicos e apertas Moisés!!!

ANIVERSARIOS DO VERÁN


domingo, 28 de maio de 2017

CLUBE DE LECTURA. Grupo 5

Estamos remantando o curso e tamén con este o clube de lectura creado no grupo 5 chamado polo alumnado Glu-glú , igual que a noso peixe que temos na aula.
Así que quixemos elaborar unhas mochilas cun logotipo que reflexara a ilusión, animación á lectura, traballo en equipo e contos lidos no noso clube.
De xeito que decidimos empregar a aplicación Shapego e creamos a seguinte imaxe a cal vamos a plasmar nunha mochila propia do noso clube.
Desexarvos a miña noraboa rapaces , foi un curso onde a pintura rima con lectura.

O MAIO


sábado, 27 de maio de 2017

EXPOSICIÓN DE CARLOS CASARES NO CENTRO


DÍA DO DEPORTE


REGUEIFAS DO NAVALÓN. LETRAS GALEGAS 2017

O Departamento de Lingua Galega de Santiago de Compostela convocou durante o mes de abril un certame de regueifas en video para contribuir ao coñecemento desta  forma de improvidación oral, incentivar a súa práctica e colaborar á creación de espazos nos que a lingua galega sexa canle de expresión, comunicación, participación e divertimento.

O noso participou neste iniciativa, gañando o premio a regueifa máis diversa, de seguido podedes ver os videos.



domingo, 14 de maio de 2017

VERSOS DE PRIMAVERA


Co gallo da entrada da PRIMAVERA, dende o Equipo de Dinamización Lingüística decidiuse elaborar un mural e enchelo de VERSOS AMOROSOS, DINÁMICOS e DIVERTIDOS. O alumnado do GRUPO 4  de Formación Básica quixo contribuír con esta acción primaveral e fixemos un acróstico coa palabra PRIMAVERA, debuxamos unha bolboreta e a completamos cun verso... e como non, nos atrevemos a inventar poesías a mar de simpáticas. A continuación, convidámosvos a lelas e desfrutar un anaco co noso traballo. Benvida Primavera!!!!



Partido de fútbol: profesorado vs alumnado


No CEE Manuel López Navalón contamos cuns deportistas marabillosos e unha afición de luxo, en consecuencia: formamos un equipo extraordinario. Aquí podedes ver as imaxes do partido de fútbol celebrado entre o profesorado e o alumnado onde o pasamos en grande. 
Un saúdo!


ANIVERSARIO DE CARMEN AMELIA


A nosa compañeira Carmen Amelia cumpriu 14 anos e cos seus amigos e amigas de Formación Básica fixemos unha festa para celebralo. Felicidades, Carmen Amelia!



O Xardín do Navalón

Coa chegada da primavera todo o noso alumnado se vió reflectido nunha flor, creando un fermoso xardín: o xardín do Navalón.



A cociñar!

Encántanos a repostería, por iso o Grupo 3 puxémonos mans á masa para facer galletas amorosas. Ummm que ricas!
Gracias pola axuda ás rapazas en prácticas, Lara e Vanesa, así como a Maite e Pancho pola súa axuda co forno e a decoración final.
Bo proveito!



sábado, 13 de maio de 2017

LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VIOLÍN TROMPETA

Pois é que non paramos!!!! Estamos cheos de actividades que nos fan as xornadas moito más divertidas. O martes 25 de abril, os alumnos e alumnas de Formación Básica saímos cara o Auditorio Abanca (no Preguntoiro) para deleitarnos coa actuación do dúo Fetén Fetén e a súa "Maravillosa historia del Violín Trompeta"... Fixéronnos un percorrido polas diferentes culturas, ritmos e sons da música popular europea do s. XX.  Pasámolo pipa!!!



Fotos de Navalón e Mónica Patxot.

mércores, 10 de maio de 2017

DÍA DA NAI

Nas sesións que adicamos a facer manualidades houbo dúas delas que fixemos algúns agasallos para as nais. E velaquí unha mostra das ideas e do resultado.





XIÁN CUMPLE 15 ANOS


Hoxe foi un día especial no centro, xa que o noso Xián cumple 15 anos!!! Que contentos que estivemos e como disfrutamos da celebración.
FELICIDADES XIÁN!!!


domingo, 7 de maio de 2017

domingo, 23 de abril de 2017

Plantando bidueiros

O pasado xoves día 20 todos os alumnos saímos cara á Selva Negra co obxecto de plantar bidueiros acompañados de persoal do Concello.
O Concello pretende repoboar a finca con árbores autóctonos e aquí tedes nunha mostra fotográfica da nosa aportación.
Xa de volta ao cole, na nosa finca tamén plantamos árboles froiteiros de varias clases.
Agardamos que prendan todos !!!

mércores, 19 de abril de 2017

A VACA QUE PUXO UN OVO

Este trimestre pasado no Grupo 2, aproveitando que aos nenos de esta aula lles encantan as vacas, traballamos a expresión oral mediante o conto A Vaca que puxo un ovo. Este conto adaptouse aos nenos creando un teatrillo de marionetas.
Esperamos que vos guste!!

Imos ao Teatro!!!

O pasado 4 de abril, o alumnado de Programas Formativos e os Grupos 3, 4 e 5 de Formación Básica fomos ata o Teatro Principal para desfrutar da obra "Manawee" de Matrioshka Teatro. A verdade é que rimos a esgalla con estas actrices galegas tan simpáticas!!! Elas amosáronnos eses momentos da infancia no que as cousas están a piques de cambiar para sempre... e que esas cousas que sempre creron que só lles pasaban a elas, son compartidas por todo o mundo.
Deixamos a continuación unhas fotos a mar de chulas da nosa experiencia no teatro...



 E o trailer desta peza teatral: Manawee. Convidámosvos a velo!!!!




domingo, 2 de abril de 2017

CALENDARIO ADAPTADO

No noso centro traballamos cos pictogramas de ARASAAC, este curso o calendario do centro foi adaptado e elaborado con pictogramas.
Por iso como sempre cando creo unha tarefa con estos pictogramas enviolla os creadores da páxina de recursos ARASAAC que tanto nos gusta e empregamos na educación especial.
De tal forma, que aquí vos deixo o enlace para que poidades visualizalo ou descargarlo na súa páxina.
Xa que é necesario compartir o material.
http://www.arasaac.org/materiales.php?id_material=1450

Excursión á Coruña e Sta. Cruz

O pasado xoves todos os alumnos de talleres saímos de excursión
Primeramente fomos á Asociación Artefíos na Coruña. Alí confeccionan produtos cos telares.
Despois estivemos na Asociación Keramios que está adicada a elaboración de cerámica artesanal.
O Castelo de Sta. Cruz foi a seguinte parada.
Xa despois de xantar achegámonos ao museo de oleiros.
Aquí tedes unha mostra fotográfica da excursión.

Excursión a Coruña e Sta. Cruz from Beatriz on Vimeo.

sábado, 1 de abril de 2017

Corre, corre, boliña!! en COMPOSTELA

Que ben o estamos a pasar ultimamente!!! Onte, o alumnado de Formación Básica saímos de Concerto. Fomos ata o Auditorio de Galicia e alí desfrutamos dunha maneira diferente de contar historias con música polo medio. O seu narrador, Celso Fernández, levounos marabillosamente ben polo percorrido desta "Boliña de Pan" tan lista... Queremos dende aquí, enviarlle un agarimoso aplauso a banda de Música da nosa cidade e ao seu Director Casiano Mouriño.




Deixámosvos a continuación, un vídeo dos Servizos Informativos da TVG onde podedes ver onde fomos, o que vimos, o que aprendimos e o que nos divertimos. Dádelle ao PLAY!!!



sábado, 25 de marzo de 2017

O pasado venres día 18 de marzo os alumnos de talleres fomos ao Centro de Interpretación Ambiental. Alí ensináronos a necesidade de como preservar da mellor maneira posible a cidade.
Xa sabemos algo máis de como se recicla e do ciclo da auga.
Cliquea debaixo da imaxe para ver algunhas fotos da visita
 

xoves, 23 de marzo de 2017

O BISCOITO DE COCORICO

Despois de un tempo de descanso,os alumnos do grupo dous retomaron o proxecto de aula de COCORICO para rematalo. 
Para iso,baixamos ao taller de Restauración e Servizos, donde elaboramos un rico biscoito...como o do conto e,  para saborealo ben ...invitamos a todos os nenos a probalo.
Dentro vídeo!!!

mércores, 22 de marzo de 2017

En acción coa PRIMAVERA. Talleres Interniveis.



Por fin estamos na Primavera!!! Tiñamos moitas ganas de que este día chegara e así, poder ensinar o que tan segredamente estabamos gardando dende o mes de xaneiro.
O alumnado do GRUPO 4 de Educación Básica en colaboración cos rapaces e rapazas do TALLER DE CERÁMICA mostramos con moito orgullo as estupendas pezas de cerámica que elaboramos conxuntamente co motivo deste cambio de estación.
Desfrutade moito destas flores que, de seguro, non dan alerxia!!!

xoves, 16 de marzo de 2017

ANIVERSARIO DE LAURA ANTELO

Estivemos de celebración na aula do GRUPO 4 de Educación Básica!!! A nosa Laura Antelo cumplíu 16 anos. Preparamos unha festa de alto copete á que convidamos a tod@s os que quixeron achegarse. Ademáis elaboramos unha tarta moi saborosa da que non quedou nin migalliña. Esperamos que vos guste este vídeo que resume este grandioso acontecemento. Dádelle ao PLAY!!


martes, 14 de marzo de 2017

VISITA DE ANXO MOURE


O pasado xoves 23 de Febreiro recibimos a visita de Anxo Moure. Ca súa personalidade arrolladora relatounos historias e contos do rural, zona máis que coñecida por el. A súa sabiduría empapounos de sensibilidade cara a ecoloxía e o desenvolvemento sostible. Velaquí vai unha mostra do ben que o pasamos. Moitas grazas Anxo!!! Volta cando queiras!!!!











venres, 10 de marzo de 2017

++PROXECTO DO MAR. TALLERES INTERNIVEIS.

O GRUPO 4 de Educación Básica foi invitado polo Taller de Cerámica para realizar varias actividades ao longo deste curso. Imos ir pouco a pouco mostrándoas no noso blog.
A primeira, iniciámola alá polo mes de novembro co obxecto de traballar o Proxecto do Mar, que como ben sabedes, é o eixo vertebrador de todo o Centro e sobre o que xiran a maioría das actividades que se realizan no mesmo. Tivemos que esperar un tempo a que as pezas de barro secaran e unha vez cocidas, convertilas en cerámica. Esperamos que vos guste moito... polo menos, tanto como a nós.





mércores, 1 de marzo de 2017

Entroido




Un ano máis celebramos o entroido no Navalón e esta vez dedicámolo ao mar.
Había peixes, peceras, sereas, cangrexos, medusas, piratas,...
Aquí tedes unha mostra fotográfica acompañada da música "carnavalito boliviano".

martes, 7 de febreiro de 2017

Aquí está a canción do conto de Cocorico adaptada con SPC, para que a disfrutedes con ela, tanto como os nosos alumnos.

Cando falamos de Estimulación Sensorial, facemos refencia a entrada de información ao sistema nervioso a través dos sentidos para crear sensacións e percepcións distintas. Esto constitúe o primeiro elemento sobre o que se constrúe  calquera aprendizaxe, xa que supón a primeria etapa do desenvolvemento das funcións cognitivas básicas (atención e memoria) e permite o desenvolvemento das funcións cognitivas superiores (resolución de problemas, razoamento, linguaxe e creatividade).
Grazas aos sentidos, explorando o entorno mediante o movemento, prodúcese un proceso de asimiliación que permite a construcción de aprendizaxes e a comprensión do mundo que nos rodea. 
Tendo en conta a importancia de dito proceso de Estimulación Sensorial e tendo en conta as características do noso alumnado, no Grupo 2, pensamos que é preciso traballar a fondo este aspecto para poder construír, como ben indica Jane Ayres, aprendizaxes posteriores e poder alcanzar, que en este caso é o que máis nos interesa, un sistema de comunicación alterantivo á linguaxe ou aumentativo, acompañando á linguaxe oral.
De ahí que traballando Cocorico, nos decantásemos por realizar un libro sensorial donde traballamos a discriminación visual, auditiva, atención, memoria, o tacto... 
Esperamos, dende o a nosa aula, que vos guste.
Grazas a Jenny, a mestra de prácticas do Grupo 2,  pola súa colaboración !!


Unha vez que se viualizou o conto de Cocorico en LSE, pasamos a enfatizar no vocabulario máis importante do conto para ensiñarlles aos nenos do Grupo 2, e como non....agradecerlle ao mestre Óscar a súa colaboración.
Grazas compañeiro.



martes, 31 de xaneiro de 2017

Este trimestre no grupo 2 estamos a traballar un pequeno proxecto sobre o conto infantil COCORICO. 
O primeiro de todo facer o conto accesible a todo o alumnado, polo que nos apoiamos na lingua de señas e no SPC como Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación. 
Pouco a pouco subiremos as distintas actividades realizadas na aula. 
Deixamos aquí o conto en lingua de señas. 
Damos as grazas ao mestre  Óscar por axudarnos con esta actividade. 


Visita a biblioteca Ánxel Casal

O pasado día 12 de xaneiro, os alumnos de talleres fixemos unha visita á biblioteca Ánxel Casal.
Explicáronnos como funciona o préstamo interbibliotecario, como facerse usuario e os servizos da mesma.
Estar en contacto coa biblioteca foi unha lección práctica para todos e un motivo máis para animarnos a ler.

Ánxel Casal from Beatriz on Vimeo.